Garantía do selo CRAEGA
O selo de garantía CRAEGA é a etiqueta que demostra que o alimento foi producido de maneira respectuosa co medio ambiente sen a intervención de elementos, compoñentes ou procesos químicos. Obtense despois de demostrar de maneira fidedigna que o produto é totalmente ecolóxico, con controis en cada fase da produción, elaboración e comercialización cumprindo coa normativa do REGULAMENTO (UE) 2018/848 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO.
Cómo identificalo?
Para recoñecer os alimentos ecolóxicos, orgánicos ou bio (os 3 termos significan o mesmo), temos que fixarmos na súa etiqueta.
A etiquetaxe do produto ten que ser visible no envase e conter as seguintes referencias:
- O logotipo ecolóxico europeo.
Unha folla perfilada con estrelas sobre fondo verde.
- No caso de alimentos certificados en Galicia, obrigatoriamente o código do órgano de control (ES-ECO-022-GA) que así o certifique e opcionalmente o selo CRAEGA.
- O lugar de procedencia dos ingredientes, que poden ser:
- AGRICULTURA UE, cando as materias primas son da Unión Europea.
- AGRICULTURA NON UE, cando os ingredientes son de terceiros países.
- AGRICULTURA UE/NON UE, cando a procedencia é mixta.